O IE Cañada Blanch na Televisión de Galicia (TVG)

O Brexit, activado este mes pola Primeira Ministra do Reino Unido, suscitou o interese da prensa e televisión galega.

A TVG trasladouse a Londres para interesarse pola percepción da nosa comunidade sobre este asunto e informarse dos efectos que vai ter nos numerosos galegos que hai na cidade. E unha das súas paradas foi no IE Cañada Blanch, onde lle preguntou aos estudantes de galego pola súa situación e entrevistou á profesora. Os muros do noso cole foron vistos no Informativo mediodía desde todos os recunchos de Galicia e nunha reportaxe máis completa no programa Contraportada da fin de semana.

 

 

Deixa un comentario

*