Ciclo #GaliciaéCine
O sábado 25 de novembro poderemos ver esta premiada película dirixida por Óliver Laxe. Será ás 18:00h no salón de actos do IE Vicente Cañada Blanch.
Sinopse:
Ninguén espera a Amador cando sae do cárcere tras cumprir a súa pena por provocar un incendio. Regresa á súa casa, nunha aldea perdida nas montañas lucenses, onde volverá convivir coa súa nai, Benedicta, a súa cadela, Lúa, e as súas tres vacas. As súas vidas transcorren seguindo o ritmo sosegado da natureza, ata que todo cambia cando un incendio violento arrasa a zona.