O recoñecemento oficial dunha ilusión

Vimos de saber que o INTEF (Instituto Nacional deTecnologías Educativas y de Formación del Profesorado) pertencente ao Ministerio de Educación, Cultura y Deporte acaba de recoñecer a este blogue co distintivo de “Buena PrácTICca 2.0″ por acercar a nosa lingua ” a su alumnado de una manera muy enriquecedora que puede servir de modelo a cualquier docente empeñado en la enseñanza de las lenguas”. Neste enlace podedes ver todo o artigo na páxina do Ministerio. 

Daquela aproveitamos para felicitar ao alumnado de lingua galega do Cañada Blanch pois esta distinción é, con toda honestidade, delas e deles. Ademais é para elas e para eles. É o recoñecemento da súa ilusión.
Así mesmo é boa ocasión para recordar que esta práctica docente e cultural que tentamos levar a cabo en Londres sería imposible sen a implicación das súas nais e pais. E tampouco sería posible sen a comunidade de galegas e galegos en Londres agrupados nesta silveira virtual. Son moitas e moitos quen, cada semana, levan pasado polas nosas aulas para darnos leccións. Leccións profesionais e altamente cualificadas. Leccións de vida. E sempre de xeito xeneroso, comprometido e orgullosas/os de seren galegas/os nas beiras do Támesis.
Vaia por todas e por todos vós. E, coma sempre, grazas por botarnos unha man e alimentar a nosa ilusión e as nosas emocións.

2 comentarios en “O recoñecemento oficial dunha ilusión

  1. MARAVILLOSO! parabéns á comunidade educativa: merecer unha distinción semellante significa o recoñecimento ó compromiso, á forza, ó pulo, ó amor pola lingua, polos rapaces e rapazas, polo futuro dunha cultura.Grazas, XAIME, pola túa incansable actitude de compromiso e xenerosidade para con todos nos. Sen ti , imposible de gozar desta xoia no Cañada.

Deixa un comentario

*