Obradoiro con Gogue

Floreano e Monchiña son dous personaxes de Gogue moi queridos en Galicia, levan máis de 30 anos aparecendo na banda deseñada do xornal Faro de Vigo, achegando cada mañá sorrisos e reflexións aos lectores.

O coñecido debuxante grovense José Ángel Rodríguez López, Gogue, que leva máis de 30 anos aparecendo na banda deseñada do xornal e que ten realizado ilustracións para diversos medios internacionais, entre eles o Washington Post, realizará un obradoiro co alumnado de alto rendemento en Arte e de galego.

Será este martes, 1 de abril no IE Cañada Blanch, coincidindo co Día das Artes Galegas.

Ademais, o mesmo luns, ás 18.00h, fará unha presentación da súa obra na Universidade de Kingston onde se inaugura unha exposición sobre a súa obra que poderá visitarse ata o 5 de abril de 2025.

Deixa un comentario

*