Obradoiro de arte, en galego, en Londres

Mañá o alumnado de galego de 1ESO do IE Cañada Blanch de Londres recibirá nas aulas a unha artista galega afincada en Londres, Gemma Pardo que como ela di “traballo con vídeo e fotografía, sobre temas do tempo e transformacións que acontecen en lugares específicos. Retomo á paisaxe e o tempo, contemplándoos de xeito meditativo e reflexivo, sen imposicións de significado ou narrativas, que non obstante son inevitables na lectura dos vídeos. Na maioría dos traballos séntese a tensión entre natureza e a industria, o local co global” Estudou Film e Video en London College of Communication, Belas Artes en Central Saint Martins College of Art & Design e postgraduado en educación en Goldsmiths UOL. O seu traballo “Congo 1880” foi seleccionado para Bloomberg New Contemporaries en 2007 e para Latent Talent 2009.
E aquí vai a microentrevista posterior de Samu e Lucas:

Deixa un comentario

*