‘O IE Cañada Blanch é moi singular’ – como se fixo 1

Como sabedes, este ano o alumnado de galego do IE Cañada Blanch realizou a curta de animación ‘O IE Cañada Blanch é moi singular’ para presentar o noso instituto e as nosas clases neste instituto tan peculiar de Londres no que se pode estudar galego. É unha pequena homenaxe á nosa escola no ? 25 aniversario dos estudos de galego en Londres ?

Tivemos a sorte de contar como axuda cun obradoiro de stop motion impartido nas nosas aulas de galego por Borja Santomé. Borja é un artista plástico e cineasta vigués residente desde hai algún tempo en Londres, onde completou os seus estudos de belas artes. Nas súas curtas animadas mestura o seu labor de cineasta co de pintor, usando a miúdo tinta negra sobre acetato aplicada a pincel. Con Historia cerebro e Rueda cabeza, as súas últimas curtas, vén de gañar numerosos premios.

Borja introduciu os rapaces de 2º, 3º e 4º ESO no mundo da animación cinematográfica con plastilina. Fixemos figuras, imaxinamos escenas e vimos como se monta un set para facer as fotos que se van usar para montar unha curta. E rimos moito, claro!!

Deixa un comentario

*