Os nosos apelidos, con Ana Boullón

Esta mañá estivo connosco a profesora de Filoloxía da Universidade de Santiago Ana Boullón, experta en Onomástica, falándonos dos nosos nomes e apelidos.

Falounos do proxecto Cartografía dos apelidos de Galicia, que ela coordina e que nos permite coñecer a súa distribución territorial, e probamos a buscar os nosos apelidos.

Curioseando vimos a distribución de Lema, Caamaño, Toxa, Trillo… e quedounos clara a grande importancia que tivo a emigración galega en Londres da zona da Costa da Morte. De alí veñen boa parte dos nosos alumnos –Mazaricos, Santa Comba, O Ézaro, Camariñas, Camelle, Laxe, Malpica, Noia…-, aínda que non todos. Quedounos claro que apelidándote Prexigueiro tes que ser do Irixo, e que igual ca Cerdeira é un nome de árbore, a árbore do pexego, que ten a súa remota orixe en Persia. Vimos nomes con moita personalidade, como Andón, pola súa escaseza, que o apelido Toxa está relacionado coa auga, que Lema e Caamaño son prerromanos, e soubemos que os Rei tivemos un antepasado orfo, probablemente abandonado no Hospital dos Reis Católicos.

Apelido Caamaño
Apelido Caamaño
Apelido Lema
Apelido Lema
Apelido Toja
Apelido Toxa
Apelido Trillo
Apelido Trillo
Apelido Maneiro
Apelido Maneiro
Apelido Suárez
Apelido Suárez
Apelido Andón
Apelido Andón
Apelido Díaz
Apelido Díaz
Apelido Otero
Apelido Otero
Apelido Crespo
Apelido Crespo
Apelido Ramos
Apelido Ramos
Apelido Ruiz
Apelido Ruiz
Apelido Sáiz
Apelido Sáiz
Apelido Baeza
Apelido Baeza
Apelido Pregigueiro
Apelido Prexigueiro
Apelido Froján
Apelido Froxán
Apelido Rei
Apelido Rei

 

 

Deixa un comentario

*