Os premiados do Certame Literario en lingua galega

O pasado 23 de abril celebrouse o Día do Libro e coma sempre arredor desas datas organízase a gala de entrega de premios do Certame Literario IE Cañada Blanch que cada ano  premia os mellores textos escritos polo alumnado en cada unha das linguas do instituto. Este ano houbo un gran nivel nos textos gañadores en galego.

  • Helena Santidrián, de 1ºBAC, foi a premiada na categoría de Bacharelato, polo seu «Romance Neotrobadoresco dos dous amantes».
  • Paloma Tejero, de 3º ESO, gañou un premio por segundo ano consecutivo, nesta ocasión no segundo ciclo da ESO, coa súa «Historia detrás das estrelas». Na súa ausencia, foi o seu compañeiro Brian Caamaño quen leu o texto e recolleu o seu diploma.
  • Diego Ramos, de 1º ESO, foi o gañador no primeiro ciclo da ESO, cun fermoso poema dedicado «A Galicia», que ademais recitou con gran sentimento.
Helena Santidrián, de 1º BAC, recolle o seu diploma polo «Romance Neotrobadoresco»
Brian Caamaño le «Historia detrás das estrelas », en ausencia de Paloma Tejero, de 3ºESO
Diego Ramos, de 1º ESO, recolle o seu diploma polo poema «Galicia»
Diego Ramos, de 1º ESO, recita o seu poema «Galicia»

 

 

 

 

 

 

 

Deixa un comentario

*