Os premios da Viaxe #riquiño #galifornia #xincana #simpatía

Marinueva gañou na categoría #riquiño / #galifornia

O alumnado que participou na viaxe a Galicia tivo a oportunidade de participar nun concurso con varias categorías e premios, e esta última semana de curso fixemos a gala de votación e entrega de premios:

a) A fotografía compartida en Instagram co lema #riquiño ou #galifornia, que recollese mellor a nosa ledicia e/ou a fermosura de Galicia. Velaquí a foto premiada, de Marinueva, de 2º ESO, na que os compañeiros tamen valoraron o lema.

Marinueva, “A vida é coma un espello, sorriche se a miras sorrindo”

b) A fotografía compartida en Instagram con máis ‘gústame’. Aquí, sen dúbida ningunha, o gañador foi Brian, de 3º ESO, que acadou o día do concurso 880 likes nesta foto.

Brian gañou na categoría da foto con máis ‘gústame’.

c) Os gañadores da xincana por equipos percorrendo Santiago de Compostela. E aquí o premio foi para Elisa, Vicky, Isahac e Sahara, de 2º ESO, que conseguiron resolver todas as probas propostas na xincana.

O equipo gañador da xincana en Santiago

d) Finalmente, houbo unha categoría especial, á alumna máis participativa e simpática, que recaeu en Elisa Fernández, de 3º ESO, voluntaria sempre en todos as ocasións: por ler un texto na RAG, saír a escena con Peter Punk, inventar unha canle de youtube e entrevistar ás peixeiras e polbeiras da praza de Abastos…

 

E velaquí algunhas outras fotos finalistas, como esta “Historia en 3 partes: cando non nos podiamos bañar”

Ou estas fotos de grupo que reflicten a ledicia do momento:

Aquí a entrega de premios:

Entrega dos premios da Viaxe da lingua

Deixa un comentario

*