Os volcáns falan galego en Londres

Mañá o alumnado de galego de 1ESO terá a sorte de recibir nas aulas a unha vulcanóloga galega do Departamento de Ciencias da Terra “Jaume Almera” de Barcelona e mais da University College London: Rosa Sobradelo. Falaranos de volcáns, do que está a suceder na illa de El Hierro e tamén da súa traxectoria persoal dende que se licenciou en Compostela ata o seu paso por Nova York e a súa experiencia durante o 11 de setembro nesta cidade. Sen dúbida será unha xornada moi interesante. E aquí vos de deixamos a microentrevista de Dani e Lucas:

Deixa un comentario

*