Outra de economía: o papel das caixas no exterior

Mañá 5 de maio ás 12 teremos unha conferencia máis de economía. Neste caso será a directora de Novacaixagalicia de Londres quen nos presentará unha exposición titulada “As caixas no estranxeiro”. De seguro que saberemos máis das súas funcións, da súa historia e dos proxectos deste tipo de institucións en cidades como Londres.
Queremos asemade agradecer a colaboración económica que esta entidade achegou para a viaxe a Galicia que realizaremos a partir do mércores próximo.

Deixa un comentario

*