Facer cine con Adriana Páramo

Mañá 3 de febreiro acolleremos no IE Vicente Cañada Blanch un obradoiro cinematográfico realizado por Adriana Páramo Pérez. Instalada na actualidade en Londres, é licenciada en Comunicación Audiovisual pola USC e Máster en Dirección de Cine na London Film School. Entre as súas obras destaca Illa Pedra, presentada no último Festival de Cine de Ourense. … Ler máis…

E esta semana, unha de economía!

Este próximo xoves 27 de xaneiro temos un novo convidado: Antonio Rodríguez Sampayo. É profesor da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. Falaranos sobre se realmente son necesarias medidas tan drásticas para saírmos da crise. Daquela todo o mundo atento. E agora a mini entrevista. Iso si. Imos desculpar … Ler máis…

As nosas voces: Daniel e Andrea

Daniel e Andrea teñen 9 anos e estudan cuarto de Primaria no Cañada Blanch de Londres. Tamén estudan galego. Como escribimos sempre, dádelle volume ao aparato, abride os ollos, debuxade un sorriso e permitídevos por un momento que a esperanza vos asolague. É un pracer escoitarvos, rapaces.

Proxecto Pomba Dourada

O libro Proxecto pomba dourada trata dun día no que Arno chega á casa e encóntrase cos corpos dos seus pais mortos. Deixáronlle unha mensaxe no ordenador: temían ser asasinados por ter descuberto unha rede de información que controla todos os ordenadores e coñece os seus traballos nun programa para desactivala. Arno ten que marchar para Fisterra e buscar … Ler máis…

Literatura Galega en inglés: dúas novas achegas

Dúas novas publicacións verquen algunhas das pasaxes máis signnificativas da literatura galega ao inglés. Por unha banda, Breogán’s Lighthouse. An anthology of Galician Literature, editada por Antonio Raúl de Toro Santos e publicada por Francis Boutle Publishers. Esta antoloxía bilingüe abrangue dende a lírica medieval ata a poesía contemporánea sen descoidar tampouco algunhas das páxinas máis … Ler máis…

O hóbbit

O libro que eu escollín chámase O hobbit. Trata das aventuras de Bilbo Bulseiro, que como podedes imaxinar polo título do libro é un hobbit, ou en outras palabras un mediano, aínda que se queredes a miña opinión é máis ben un gnomo de xardín, porque os ananos (si, tamén temos ananos, magos trasgos, e … Ler máis…

As nosas voces: Dani (un ex)

Hoxe tivemos a sorte de que nos visitara Dani, un mozo galego, nacido en Londres, que hai un par de anos estaba estudando galego no Cañada e hoxe estuda Empresariais na Universidade de Brighton. Para esta entrevista, a cámara é Cris(entre Ameixenda e Cuntis anda a cousa) e a xornalista Eli, unha rapaza de pai … Ler máis…

Eva Moreda: escribindo o Londres galego.

O próximo xoves 16 de decembro ás 12 do mediodía  estará connosco Eva Moreda, escritora galega afincada en Londres, onde exerce de docente na Open University. Autora de varias obras como O demo e o profundo mar azul, O país das bestas, Singularis Domitilla ou Veas verdes e catro contos máis, nesta ocasión presentaranos A veiga é … Ler máis…

Un reto e unha esperanza: Primaria (1º e 2º)

Hoxe fixemos un pequeno vídeo con algúns dos momentos que durante este primeiro trimestre protagonizaron os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria: Aitor, Alan, Alejandro, Alfred, Amy, Andrea, Anisa, Diego,Gabriel, Héctor, Marina, Víctor. A todas e todos vós, feliz nadal e agardamos que a carta que lles escribistes hoxe aos reis chegue ao seu destino.

Ondas do mar de Vigo (e de Londres)

Aquí vos deixamos a cantiga de amigo máis coñecida de Martin Codax recitada por María de Primeiro de Bacharelato.E a versión en inglés realizada e recitada por Laura de Segundo de Bacharelato.Anímate e déixanos outra versión na túa lingua. Ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo? E ay Deus, se verrá cedo! Ondas … Ler máis…