O pronome persoal

Nesta ocasión Laura e María, alumnas de bacharelato do IES Cañada Blanch de Londres presentamosvos un power point sobre o pronome persoal.Pero se non vos é suficiente coa nosa información podedes consultar mais información aquí, nesten enlace ou nestoutro sitio. Podesde facer exercicios neste enlace ou nestoutro lugar. Tamén hai actividades aquí Pronome persoal from .

Pola ciencia en galego: Londres

O próximo xoves moitos dos centros de ensino en Galicia, convocados pola CGENDL, celebrarán unha xornada pola ciencia en galego coa que se pretende demostrar que a nosa lingua tamén é idónea para a transmisión do coñecemento científico. E mesmo dende Londres, dende o IE Cañada Blanch, intentaremos comunicarlle á sociedade o noso orgullo de … Ler máis…

O substantivo e o adxectivo

Deixamos un novo powerpoint do substantivo e o adxectivo. Esperemos que vos guste.Máis información nesta páxina e neste enlace Para actividades aquí, ou nestoutro sitio. E se aínda tes dúbidas proba aquí e máis neste enlace e mesmo neste Lim. E para calquera aclaración, xa sabes onde estamos… nos comentarios. Substantivo .

Yolanda Castaño, poesía galega en Londres

O próximo domingo 7 de novembro teremos a ocasión de escoitar poesía galega e en galego na capital británica. Co gallo do Poetry International 2010 teremos a ocasión de escoitar a unha das voces máis  relevantes da poesía galega contemporánea: Yolanda Castaño. A autora de Delicia, Vivimos no ciclo das Erofanías, Edénica, O libro da … Ler máis…

Tristes Armas: Marina Mayoral

Tristes Armas. Un día de outono dúas rapazas, Rosa e Harmonia saen do orfanato para coller un barco que as levará a Rusia, debido ao perigro que corrían pola Guerra Civil. No porto despedíronse do seu pai Miguel pero a nai  Carmiña non chegou a tempo. No barco ían moitos rapaces na mesma situación ca … Ler máis…

As nosas voces: Ana

Ana é natural de Espasante e xa leva tempo en Londres. Estuda 4º da ESO onde un cambio na normativa das opcionais lle impide continuar co galego e ten que facer en español a materia de “Trabajo monográfico”. Como vimos dicindo, abride as orellas, debuxade un sorriso nos beizos e pensemos que aínda hai esperanza … Ler máis…

Unha liña pola lingua: Oxford-London

Hoxe, 13 de outubro, o alumnado de lingua galega do IE Cañada Blanch tivo ocasión de compartir unha animada charla coa profesora de galego de Oxford. Laura Sáez presentou ademais os estudos de galego nesta universidade así coma o proxecto de actividades que vai realizar e no que estamos invitados a participar. Haberá que estar … Ler máis…

Londres escribe en galego: Paula

Paula C. V. é unha londinense da Costa da Morte. Aos seus 12 anos fainos concibir a esperanza de que o futuro da escrita galega tamén estea en Londres. Como dicimos sempre nestas marabillosas ocasións, abramos ben ollos, deixemos que o sorriso se debuxe nos nosos beizos e non perdamos a esperanza. Grazas Paula. Agardarémoste … Ler máis…