Visitamos o Pórtico da Gloria do Victoria&Albert

Hoxe o alumnado de galego do IE Cañada Blanch de 3º ESO e de 4º ESO visitou o Victoria&Albert Museum. Alí mantivo un encontro con Víctor Hugo López Borges, un vigués que desde hai 15 anos traballa no departamento de conservación e restauración deste museo.
Víctor é actualmente o responsable da restauración da reprodución que hai en Londres do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela, unha das xoias da escultura románica medieval. Esta peza atópase nos Cast Courts, unhas salas con reproducións de obras mestras da arte europea que levan oito anos pechadas para sometelas a unha ambiciosa restauración. Os Cast Courts acaban de abrirse de novo ao público de novo este 1 de decembro e hoxe nós tivemos o privilexio de ser uns dos primeiros en velas.
A carón dos segredos do Pórtico da Gloria, Víctor ilustrounos sobre o ambicioso proceso de copia que se realizou no século XIX destas pezas, e puidemos familiarizarnos ademais con masterpieces como a columna de Traxano, o David e o Moisés de Michelangelo, as Portas do Paraíso de Ghiberti, a Escola de Atenas de Rafaello, etc.
Os segredos do Pórtico da Gloria
O sorriso de Daniel
Admirando o David e outros capolavori italianos
A impresionante columna de Traxano
Novo hall do Victoria and Albert

Deixa un comentario

*