Portobello, porque me peta! A nosa homenaxe a Celso Emilio

De todos é coñecido que este ano se celebra o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro. Dende Londres tamén quixemos renderlle homenaxe de varios xeitos (e aínda falta algún):
  • Lanzamos un proxecto colaborativo para todos os amigo@s do facebook para grabaren  vídeo-poemas del cunha aplicación gratuíta da rede. Inde estades a tempo. Se ides aquí é moi doado. Dádeslle a Respond e deixádevos levar pola creatividade.
  • E tamén quixemos facer unha curta que recollese unha especie de intervención poético-literaria no mercado do venres en Portobello. Despois de traballar na aula o famoso poema “Deitado fronte ao mar” o alumnado de 3ESO saíu a rúa para repartir uns trípticos co poema en galego e inglés e cuns datos mínimos sobre o poeta celanovés. E non só iso, conseguiron que o poema fose lido por ingleses/as da rúa tanto en galego coma en inglés. O resultado é unha fermosa e moi emotiva curta que lle debemos a outro londoner bo e xeneroso, Carlos Abeijón. E tamén o noso agradecemento á tropa de Dios ke te crew pola canción. E velaí vai ao mundo. Só agardamos que vos guste tanto como nos gustou a nós facelo.

11 comentarios en “Portobello, porque me peta! A nosa homenaxe a Celso Emilio

  1. Chulísimo!

    Iso si é facer país!!

    Noraboa a tod@s incluído o profesor. Se ve que lle pon moita pasión.

    Por certo, por aí vin o apelido Carracedo, coma min.

    Co voso permiso vouno pasar na miña clase e compartilo cos departamentos de galego e inglés do meus instituto.

    Un saúdo,
    Carmen Carracedo.

  2. Noraboa polo teu traballo… Da gusto ver a xente do outro lado das nosas fronteiras fisicas (que non emocionais) traballar atnto pola nosa lingua. Ogalla aqui houbera máis xente asi.
    Emocioname, eu son de Celanova! E para min Celso é o máis grande… E este poema IMPRESIONA
    De novo, moitas grazas

  3. Noraboa polo traballo… Da gusto que a xente que está aló das fronteiras fisicas da Galiza (que non emocionais) siga a traballar pola nosa lingua. Ogalla aqui houbera máis xente asi. Eu son de Celanova (casa de Celso) e este ano estamos a facer numerosas actividades relacionadas con el, e xa lle mandei este traballo ao encargado da Casa dos Poetas…
    De novo, graciñas

  4. Parabéns pola labor que facedes pola NOSA LINGUA. aquí se isto segue así teremos que facer o mesmo pero a inversa, preguntarlle os nosos se saben que era o galego. Grazas a todos os que trabballades sinceramente pola nosa lingua. Parabéns e un abrazo Xaime. O teu amigo e veciño Miro e Familia

Deixa un comentario

*