Portobello, porque me peta!

E tamén quixemos facer unha curta que recollese unha especie de intervención poético-literaria no mercado do venres en Portobello. Despois de traballar na aula o famoso poema “Deitado fronte ao mar” o alumnado de 3ESO saíu a rúa para repartir uns trípticos co poema en galego e inglés e cuns datos mínimos sobre o poeta celanovés. E non só iso, conseguiron que o poema fose lido por ingleses/as da rúa tanto en galego coma en inglés. O resultado é unha fermosa e moi emotiva curta que lle debemos a outro londoner bo e xeneroso, Carlos Abeijón. E tamén o noso agradecemento á tropa de Dios ke te crew pola canción. E velaí vai ao mundo. Só agardamos que vos guste tanto como nos gustou a nós facelo.

Deixa un comentario

*