Portosanto, o enigma de Colón: Encontro con Rodrigo Costoya

Hoxe recibimos no Cañada o escritor Rodrigo Costoya, que nos falou do enigma histórico arredor do que xira a súa novela “Portosanto“.

🧐  Por que os textos que escribiu Cristovo Colón teñen claros xiros galego-portugueses e nunca xenoveses ou italianos? 🧐  Por que Pontevedra é o único lugar do mundo onde existe o apelido Colón? 🧐  Por que na nosa tradición oral se sostén que o descubridor de América nacera en Portosanto? 🧐  Por que Colón lle puxo a moitos lugares das Antillas nomes da ría de Pontevedra? 🧐  Por que orixinariamente a nao Santa María se coñecía co nome de La Gallega? 🤔 A ver se é que Colón era galego!

Sexa certo ou non, o certo é que pasamos un bo anaco escoitando as historias que nos contou Rodrigo e conversando con el, e espertounos ganas de ler a súa novela.

Deixa un comentario

*