Premios Cañada Blanch 2015

Onte foi a entrega de Premios Cañada Blanch no noso instituto. O acto foi moi solemne e a el acudiron diversas autoridades: o Embaixador, o Consejero de Educación no Reino Unido e mais o Presidente, Vicepresidente e un Patrono da Fundación Cañada Blanch.

Comprobamos con ledicia que o premio á mellor traxectoria educativa dos alumnos que remataron o Bacharelato o curso pasado o levaba Tania García Núñez, galega e alumna de galego todos estes anos, que ademais no seu discurso fixo mención á súa capacidade lingüística trilingüe, poñendo en valor a nosa lingua.

Tamén outros alumnos ou exalumnos de galego subiron recoller algún premio ao rendemento, esforzo ou compañeirismo, como é o caso de Gabriel Mugridge-que subiu recoller o premio outorgado ao seu irmán Álex-, de Bouthaina Ouahli, Marinueva Trillo, Olivia Faith, Cristina e Sofía de la Cruz

Parabens a todos eles!


premioscañada2015 -mellorexpediente-taniagarcia (1)

Tania García recolle o premio á mellor traxectoria de mans do Embaixador.

premioscañada2015 -mellorexpediente-taniagarcia (2)

Tania García coa súa nai Ana, traballadora tamén no IE Cañada Blanch, e coas autoridades presentes no acto

premioscañada2015-sofia de la cruz

Sofía de la Cruz, exalumna de galego, agora en 4º ESO, recolle o premio ao rendemento académico.

premioscañada2015-olivia

Olivia Faith, alumna de galego de 2º ESO, recolle o premio ao compañeirismo.

premioscañada2015-marinueva

Marinueva Trillo, alumna de galego de 2º ESO, recolle o premio ao esforzo.

premioscañada2015-cristina

Cristina de la Cruz, alumna de galego de 2º ESO recolle o premio ao rendemento académico

premioscañada2015-bouthaina

Bouthaina Ouhali, alumna de galego de primeiro ciclo de Primaria

premioscañada2015-gabriel

Gabriel Mugridge, alumno de 6º Primaria, recollendo o premio outorgado ao seu irmán Álex.

1 comentario en “Premios Cañada Blanch 2015”

Deixa un comentario

*