Onte foi a entrega de Premios Cañada Blanch no noso instituto. O acto foi moi solemne e a el acudiron diversas autoridades: o Embaixador, o Consejero de Educación no Reino Unido e mais o Presidente, Vicepresidente e un Patrono da Fundación Cañada Blanch.
Comprobamos con ledicia que o premio á mellor traxectoria educativa dos alumnos que remataron o Bacharelato o curso pasado o levaba Tania García Núñez, galega e alumna de galego todos estes anos, que ademais no seu discurso fixo mención á súa capacidade lingüística trilingüe, poñendo en valor a nosa lingua.
Tamén outros alumnos ou exalumnos de galego subiron recoller algún premio ao rendemento, esforzo ou compañeirismo, como é o caso de Gabriel Mugridge-que subiu recoller o premio outorgado ao seu irmán Álex-, de Bouthaina Ouahli, Marinueva Trillo, Olivia Faith, Cristina e Sofía de la Cruz…
Parabens a todos eles!
Tania García recolle o premio á mellor traxectoria de mans do Embaixador.
Tania García coa súa nai Ana, traballadora tamén no IE Cañada Blanch, e coas autoridades presentes no acto
Sofía de la Cruz, exalumna de galego, agora en 4º ESO, recolle o premio ao rendemento académico.
Olivia Faith, alumna de galego de 2º ESO, recolle o premio ao compañeirismo.
Marinueva Trillo, alumna de galego de 2º ESO, recolle o premio ao esforzo.
Cristina de la Cruz, alumna de galego de 2º ESO recolle o premio ao rendemento académico
Bouthaina Ouhali, alumna de galego de primeiro ciclo de Primaria
Gabriel Mugridge, alumno de 6º Primaria, recollendo o premio outorgado ao seu irmán Álex.
Parabéns tamén desde A Coruña e boas festas e novo ano para todas e todos os flamantes premiados !!