Somos o grupo de alumnos de lingua e cultura galega do IE Vicente Cañada Blanch de Londres. Uns somos galegos nacidos en Galicia. Outros somos galegos nacidos en Londres. E outros queremos saber máis de Galicia. Somos de distintos niveis, dende Primaria ata Bacharelato. Algúns somos galegofalantes e outros habemos de selo.
As materias que se imparten dentro do currículo deste centro son Galego 1º ESO, Galego 2º ESO, Galego 3º ESO e Galego 4º ESO, todas elas ofertadas como materia optativa. Neste curso 2017-18 hai un total de 56 alumnos cursando galego na Secundaria.
Ademais en Primaria hai galego como actividade extraescolar para dous grupos: un día para os cativiños de 1º, 2º e 3º, e outro día para os de 4º, 5º e 6º. Nestas extraescolares hai máis de 30 nenos de Primaria que tamén se achegan á lingua galega dunha maneira lúdica e afectiva.
Que vos queremos ofrecer? Neste blog ofrecémosvos sobre todo algunhas das actividades que facemos na área de Galego do IE Cañada Blanch. Algunha vez tamén información relativa á presenza da cultura galega en Londres, aínda que disto hai menos, xa que é un traballo que facemos a través das redes sociais de Galego en Londres: facebook, twitter e instagram.
Se queres, podedésnos axudar deixándonos os vosos comentarios, as vosas suxestións, etc. Tamén colaborando connosco a través de intercambios ou actividades conxuntas e visitándonos cando veñades por Londres. Agardámosvos.
Benqueridos mozos e mozas,
Son o asesor técnico da Consellería de Educación de España no Reino Unido e Irlanda. Escríbovos para facervos saber que miro con interese e con ledicia o voso traballo. Dáme un chisco de envexa ver todas as propostas e actividades das que podedes gozar en Londres. ¡Que luxo, por exemplo, ter a Mercedes Peón con vos no Cañada! Iso si que é “The Voice” 😉
En Irlanda a comunidade galego falante non é tan grande nin estamos tan ben organizados, pero por exemplo contamos co Centro de Estudos Galegos, na UCC, en Cork, https://www.ucc.ie/en/galician/. Tamén recentemente, e por iniciativa dunha nai que vive na costa oeste de Irlanda, se creou a páxina de Facebook Compaña, https://www.facebook.com/groups/459815287523262/, dirixida a familias galegofalantes en Irlanda.
Anímovos a seguir co bo traballo. Seguireivos en Twitter.
Unha aperta,
Adolfo Carbón
Se ben e certo que os galegos estamos por todo o globo, tamén estamos en Londres, e creo que este Blog fáino oficial.
Un saudo dende o IES Manuel Murguía.
Unha aperta moi forte desde Londres, David, para ti e para os outros alumnos do IES Manuel Murguía de Arteixo 🙂
Ola a Tod@∫!
Son Mela do C.E.I.P Manuel Vidal Portela de Pontevedra. Encántame TODOOOO o que facedes. Formo parte da Embaixada Galega e-twinning ao igual que os meus compis Marcos e Cris do Proxecto Letras Galegas.
Tamén fun “compi” de Xaime nos cursos de Didáctica para profesores de Español en Santiago de Compostela no que prof@s do Cañada tiveron que “sufrirme”.
O meu alumnado de 6º de Primaria estaría encontradísimo de poder participar en actividades con vos.
Xa sabres por onde andamos…
Bicos
Claro, Mela. Temos que pensar nunha actividade conxunta e facela. Nós encantados de facer cousiñas convosco. Unha aperta forte para todos os nenos do CEIP Manuel Vidal Portela desde Portobello en Londres.
Os meus parabéns por facerdes esta promoción do galego en Londres!
Grazas, Rubén 🙂