Retallos da xira de Ugía Pedreira e Fred Martins por Londres

Transmitir o vivido nestes últimos dous días en Londres coas actuacións de Ugía Pedreira e Fred Martins é dificil: emoción, xenerosidade, maxia,… Mágoa que o equipo técnico co que fixemos estas gravacións non permita apreciar tamén a calidade inmensa que estes dous artistas, da Mariña luguesa e de Rio de Janeiro, respectivamente despregaron nos escenarios da capítal do Támesis.
O venres estiveron no leste de Londres, no resturante gastro-cultural O Trangallán. De aquí extraemos dúas cancións ben fermosas, a primeira, no víeo da cabeceira, é o famoso poema de Celso Emilio “Neno orfo con cabalos ao fondo”. E que nos dicides desta fermosura?
E hoxe no IE Cañada Blanch ante un centenar de rapaces, isto:
Daquela, non podemos máis que loar a nosa fortuna e agradecerlles aos dous o compromiso, a xenerosidade e a emoción transmitida.

1 comentario en “Retallos da xira de Ugía Pedreira e Fred Martins por Londres

Deixa un comentario

*