Rosalía no Cañada: ‘Como chove en Portobello’

No Cañada Blanch querémonos sumar ás accións que os centros de ensino galegos están a realizar esta semana para conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro, o aniversario do nacemento da autora.

Así que o alumnado cativiño da extraescolar de galego estivo a compor e recitar este poema: ‘Como chove en Portobello’, unha versión propia do ‘Como chove miudiño‘. Mirade aquí a Álex, Chioma, Katheleen, Carla, Sofía, Renée, Laura, Raúl, Estefanía e Noah, de 3º de Primaria.

Como chove miudiño,
como miudiño chove;
como chove miudiño
en Portobello o domingo,
o martes e mailo xoves.

Como chove miudiño
polas rúas do mercado
E báñanse no camiño
a roupa e os regaliños
E todo Notting Hill mollado.

Sol de Londres, sol de amor
Que a nosa paisaxe alumas
Trae as rosas, trae o verdor
mellor ceo, e outra cor
trae a luz e leva as brumas.

Os que en Londres son nacidos,
os que en Londres son criados,
lonxe de aquí están doridos
porque non están os seus amigos
e séntense emigrados.

Aquí vexo onde xogaba
os meniños que eu quería,
o patio onde folgaba,
as árbores do Cañada
e a fontiña onde bebía.

O Cañada, a nosa casa,
que desde aquí miro e miro,
parede enorme, alegre casa!
Casa grande, pasa, pasa…
O lugar onde eu estudo.

No patio as árbores crecen
vigorosas sen coidado,
e as silvas que aquí florecen
no seu tempo froito ofrecen
aos neniños máis calados.

Como chove miudiño,
como miudiño chove;
como chove miudiño
en Portobello o domingo,
o martes e mailo xoves.

Mais que luz, que colorido
nos espazos se dilata
Loce o sol descolorido
e arco de iris xa nacido,
a nosa alegría desata.

Deixa un comentario

*