Shelar: hip hop dende UK

ShelarMañá 15 de marzo, o compostelán Shelar presentaranos o seu último traballo Cornershop producido por Sheng e El Puto Cheng e no que conta coa colaboración de Delajoha. E a masterización correu a cargo do afamado Streaky Gee. Sen dúbida, estamos ante unha das voces máis interesantes do hip hop que, despois da súa infancia inglesa, retornou a estas terras. Mañá falaranos en galego de hip hop e, por suposto, do seu novo proxecto.

No vídeo vai a entrevista de Serxio, un dos seus seguidores.

1 comentario en “Shelar: hip hop dende UK”

Deixa un comentario

*