Siniestro Total ? Galego en Londres




Este martes 23 de maio houbo unha cita moi especial para os galegos (e para moitos non galegos) da cidade de Londres: o concertazo da banda viguesa Siniestro Total na sala O2 Academy de Islington. Alí puidemos corear clásicos como ‘Miña terra galega’, ‘Y bailaré sobre tu tumba’ o ‘¿Quiénes somos? ¿De dónde venimos? ¿A dónde vamos?’.

Pero é que ademais, a noite brindounos varios momentazos relacionados coa comunidade galega en Londres.

? O máis especial, o saúdo ao alumnado que estuda galego no IE Cañada Blanch ?

E, durante o concerto, a chiscadela aos London Celtas, a peña celtista de Londres, que conseguiron que a  súa bufanda acabase no escenario. 

Deixa un comentario

*