Sobre a morte de Bieito en Portobello Road

As grandes cidades sempre son unha caixa de sorpresas. O pasado venres 10 de setembro Londres ofreceunos unha delas. Nun espazo alternativo, situado baixo a Westway A40, no número 3 de Acklam Road, rúa paralela a Portobello Road, onde está o instituto, pasouse ás 19:00 a curta Sobre a morte de Bieito de Xudit Casas no Portobello Film Festival. Presentábase dentro dun ciclo de curtas nos que a morte era o eixe temático. A sala estaba chea e temos que dicir que de entre as curtas que se proxectaron foi unha das máis aplaudidas. A amiga deste blogue e compañeira Laura Lizancos regalounos está foto realizada durante o visionado. Deixámovos o breve resumo co que se presentaba a curta: “What would you do if you were in a funeral and you felt something moving inside the coffin?”.

1 comentario en “Sobre a morte de Bieito en Portobello Road”

Deixa un comentario

*