O Entroido de Xinzo, un sentimento

A nosa primeira convidada deste curso en 1º ESO é Soraya Suárez, que veu ao IE Cañada Blanch falarnos dunha das festas máis emocionantes para moitos galegos, mais especialmente para os ourensáns do triángulo Verín-Xinzo-Laza: o Entroido.

Aos rapaces encantáronlles os disfraces caseiros, as charangas, as batallas de fariña, as carautas e as chocas das pantallas.

Ao final, Adrián fíxolle unha entrevista a Soraya, coa axuda técnica de Kiara, mais non vola podemos amosar por mor dun pequeno fallo (esquecemos darlle ao ‘rec’). Deixámosvos pois tan só un pequeno resumo en vídeo do noso encontro na aula.

Soraya veu a Inglaterra facer facer unha estancia na Universidade de Shefield no marco dunha investigación do Instituto da Lingua Galega sobre dialectoloxía perceptiva. A próxima vez esperamos poder participar dos seus experimentos 😉

 

 

Deixa un comentario

*