Lucía emociónanos cantando “Chove en Santiago”




Lucía Luque, alumna de galego de 4º ESO, interpreta a capella “Chove en Santiago”, a versión musical de Luar na Lubre do poema “Madrigal á cibdá de Santiago” de Federico García Lorca, un dos seus seis poemas galegos. Bieito Romero quedou abraiado co talento de Lucía. E todos os asistentes tamén. ?

Ler máis…

“O son do ar” polo noso alumnado do Cañada




O pasado luns visitounos no Cañada Blanch parte da banda de Luar na Lubre, que está de xira polo Reino Unido.  E o noso alumnado recibiunos interpretando a súa peza máis coñecida e internacional, “O son do ar”.

Paloma no piano, Camila co violín, Lucía Moya coa trompa, Jack coa trompeta, Martina, Cinzia e Marinueva coa guitarra e Elisa co ukelele participaron neste fermoso acto con Bieito Romero, Patxi Bermúdez e David Carril. ?

Ler máis…