Nas aulas de galego do Cañada cada ano facemos polo menos unha actividade cos nosos amigos do IES Manuel Murguía de Arteixo, en colaboración con Ramón Echeverri -o coordinador do seu EDNL- e o seu alumnado: no 2016 entrevistáronnos en vídeo, carteámonos con eles no 2017 e tamén falamos por videoconferencia no 2018.
Este ano conversamos por videoconferencia o alumnado de galego de 4º ESO do Cañada e do Manuel Murguía. Falamos de nós mesmos, dos nosos intereses e futuro nos estudos e no traballo, das festas e de diversión, e ata do Brexit. Así nolo contan eles no seu blog Fala de Raio. Ata o ano que vén, amigos!