Poesía no Cañada con Yolanda Castaño

Yolanda Castaño está de xira polo Reino Unido e unha das súas paradas foi o Cañada Blanch. Que luxo para o alumnado de galego da escola poderse achegar á poesía con ela! ? Falounos da internacionalización da literatura galega -ela, unha das poetas máis internacionais que temos-, ? creamos xuntos un poema colectivo ?️ e, o máis emocionante, escoitámola recitar.

Yolanda é unha magnífica poeta, con numerosas publicacións en moitos idiomas, e ademais unha activa xestora cultural. Dirixe festivais, obradoiros literarios, ciclos poéticos como «Poetas Di(n)versos» , que axunta os máis prestixiosos autores internacionais, etc. Amais diso, é ben coñecida pola xeneralidade dos galegos por mor do seu paso polo emblemático espazo da TVG «Cifras e letras».

Convidámosvos tamén a acompañar a Yolanda na presentación en Londres do seu primeiro libro en inglés, «Second tongue», organizada pola súa editora, Shearsman Books. Será este mércores ás 7.30pm no Swedenborg Hall, no literario barrio de Bloomsbury.

Día de Rosalía 2019




Os cativos que estudan galego no grupo dos máis pequenos da extraescolar de Primaria fan esta versión propia do “Adiós ríos, adiós fontes” de Rosalía e titúlana “Adeus inverno, ola Londres”.