Uf! contado desde o corazón :)

Os cativos que estudan galego na extraescolar de Primaria no IE Cañada Blanch quixeron celebrar tamén o Día dos Namorados.

Logo dun intenso traballo de papiroflexia para realizar cadanseu corazón de papel, narraron e decoraron por cachiños o fermoso conto ‘Uf!’ de Séchu Sende, e aprenderon e repetiron unha palabra ben fermosa: Quérote.

uf-corazons-paredes A
E así é como locen os corazóns nas paredes do instituto.

uf-corazons-paredes B

 

1 comentario en “Uf! contado desde o corazón :)”

Deixa un comentario

*