Un ano en Londres no Cañada, en galego

O tempo do alboroque é chegado. Dende setembro, que empezamos a tecer esta rede, levamos 104 entradas e máis de 10000 persoas do mundo Babel que nos visitaron. Hoxe presentamos unha humilde mostra do que, con tanto esforzo coma ilusión, fomos quen de levar a cabo. Daquela este vídeo quere ser de homenaxe e de agradecemento:
  • En primeiro lugar, ao alumnado do Cañada Blanch (6 – 18 anos) que de xeito decidido optou por construír futuro para a nosa lingua e cultura ao escollela como materia opcional no seu currículo.
  • Tamén ás nais e pais destes rapaces e rapazas por animalos neste escolla e por ensinarlles a querer e a valorar o noso. Por serdes, como dicía Novoneyra, dos que gardaron a fala en que máis se dixo adeus
  • E, por suposto, a todos aqueles/as amigos/as da lingua e cultura galega en Londres que cada semana aceptaron o convite de visitarnos. A vosa xenerosidade foi simplemente un acto de amor emocionante.
  • Por último, aos distintos organismos educativos que posibilitan este proxecto, a quen nos segue pola rede e, con certeza, a quen sempre botou unha man e unhas palabras de alento

2 comentarios en “Un ano en Londres no Cañada, en galego

Deixa un comentario

*