Preguntástesvos algunha vez o alcance da morriña?
Os londoners galegos añoramos a nosa Galifornia, o monte e o mar, o pincho co café, botamos de menos o cocido ou unha boa caldeirada, a familia e os amigos. E o tecido da comunidade galega fai que poidamos replicar na cidade un chisquiño dos nosos costumes e cultura.
Pero sospeitastes algunha vez que puidésemos atopar un hórreo en Londres? Pois haino! Velaquí o construído polo carpinteiro Jesús Pena para o xardín de Antonio e Amalia Noya.
Esta semana que se cumpre un ano do pasamento do bo crego galego Ernesto Atanes queremos compartir esta anécdota, pois foi el quen argallou e bendeciu esta operación. Unha mostra máis do traballo de Ernesto tecendo comunidade.
Insuperable!
E ben xeitoso !.