Un saxo galego en Londres: José Bernárdez en concerto.

Jose-BernardezMañá 3 de maio o IE Cañada Blanch de Londres pechará a súa semana cultural cunha actividade argallada pola área de galego: un concerto do grupo de saxos The Cube Saxophone Quartet a fronte do cal está o músico estradense José Bernárdez, profesor amais formado na Royal academy of Music. Para mañá proponnos unha especie de concerto didáctico de música americana do século XX: Duke Ellington, Miles Davis, Charlie Parker, Chick Corea ou Jaco Pastorious. E a parte didáctica, en galego, claro está.
No vídeo, un fragmento da actuación diante dun auditorio ateigado. Un luxazo.

Deixa un comentario

*