Unha muiñeira de ida e volta




Este ano o alumnado de galego do Cañada Blanch de Londres enfrontouse a un reto moi especial: bailar todos xuntos unha muiñeira. O resultado védelo aquí. Suplimos a falta de coñecemento e de ritmo con doses altas de entusiasmo!!

Tivemos que contar con moita axuda!

A galega de Londres Alba Méndez veu ao noso instituto ensinarnos os primeiros puntos. Con ela aprendemos o que é un paseo, unha roda, como se saca o punto e bailamos tamén a jota.

En Santiago durante a nosa Viaxe a Galicia o alumnado e profesorado do IES Xelmírez II déronnos uns obradoiros de pandeireta e baile galego, tocaron a gaita e atrevéronse a bailar connosco na praza do Obradoiro e da Quintana. Grazas, rapaces, pola compañía!

O Día das Letras Galegas recibimos o alumnado de 3º ESO do IES Xulián Magariños de Negreira, que se xuntou ao alumnado de galego en Londres e bailamos todos de novo no patio do Cañada Blanch.

Contamos ese día coa colaboración de varios dos nosos músicos londinenses: a do gaiteiro David Carril e mais o tamborileiro Román Ventoso, a quen se uniu o noso profe de matemáticas, Suso Iglesias, tocando a pandeireta. Noelia Marcote fíxonos de guía no baile. Finalmente, a directora de cine galega Adriana Páramo axudounos coa gravación e coa montaxe.

Grazas a todos!!

 

Deixa un comentario

*