Hoxe recibimos no IE Cañada Blanch unha visita moi especial, a do que foi profe de galego aquí durante cinco anos, Xaime Varela. A súa visita sorpresa emocionou aos rapaces da ESO, que aproveitaron a ocasión para interesarse pola súa nova vida, para lembrar vellas anécdotas e rir xunta ao que fora o seu profesor, titor e amigo.