Viaxe da lingua 2017 – Día 3

Día 3

Hoxe visitamos a Illa de Arousa e fixemos a actividade máis agardada da semana, kayak. Pero amais de darlle ao remo, mollar aos compañeiros e mergullarnos nas augas da ría, puidemos ver de preto unha praia marisqueira, unha batea repletiña de mexillóns e un muíño de mar.

O día tamén deu para irmos á lonxa e presenciar a poxa do marisco que traian ben fresquiño as mariscadoras: camaróns, ameixas, navallas, berberechos… En definitiva, coñecimos o hábitat no que se desenvolven os bivalvos.

Rematamos o día xa nos campos do noso hostal esmedrellándonos no espectáculo do clown Peter Punk, que foi chungochungoquetecagas. Non paramos de rir!

 

 

 

Deixa un comentario

*