Viaxe da lingua 2017 – Día 4

Día 4

E onte chegou o último día da nosa viaxe. Un ano máis, recibíronnos con moito agarimo na Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia onde Valentín García Gómez lles falou aos rapaces do orgullo que supón para todos os galegos que eles manteñan viva ou aprendan a nosa lingua en Londres.

Xa con tempo por diante para percorrer Santiago, fixemos unha xincana na que percorremos os lugares máis emblemáticos da cidade: a praza de abastos, o Obradoiro, a Quintana e Praterías, o Toural e a rúa do Vilar, a Alameda, o Franco… Grazas ao enxeño dos rapaces, temos documentos gráficos moi divertidos, como varios peregrinos estranxeiros saudando en galego ao alumnado do Cañada Blanch ou as polbeiras explicándonos como sei fai o polbo á feira.

Con moita pena, pero ledos tras a experiencia, collemos rumbo de volta á casa. O ano que vén, máis.

 

Deixa un comentario

*