Viaxe da Lingua 2024

Unha vintena de rapaces e rapazas, dos case 50 que estudan galego no IE Cañada Blanch de Londres, inician a Viaxe da Lingua 2024.

Esta iniciativa, que conta co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Emigración da Xunta de Galicia, promove o achegamento do alumnado londiniense á realidade galega.

Santiago de Compostela, A Coruña e as Rías Altas, Pontevedra e as Rías Baixas son algúns dos lugares que poderá visitar o alumnado de galego do IE Cañada Blanch nun amplo programa no que cultura, arquitectura, natureza e actividades lúdicas estarán presentes. Ademais, manterán intercambios culturais con alumnado galego e practicarán actividades de natureza e deportivas.

Na viaxe deste ano, o alumnado de galego do IE Cañada Blanch visita conxuntos históricos como Compostela ou Pontevedra; museos pedagóxicos e universitarios e todos os museos científicos coruñeses; vilas mariñeiras como Combarro ou Cambados; parques naturais como a Illa de Arousa ou espazos protexidos como o illote de Areoso.

Deixa un comentario

*