Viaxe da lingua 2017 – Día 2

Día 2

Foi unha xornada completa e feliz de convivencia coa rapazada do IES Felix Muriel de Rianxo, que nos recibiu no seu centro e nos amosou os encantos da súa vila, das súas praias e da illa de Arousa. Xogamos a xogos populares e cantamos a Rianxeira ao ritmo do saxo de Bernal e Ricardo. Tamén puidemos aprender moito sobre a importancia da ría como motor económico, sobre a pesca ao xeito, as conservas da sardiña ou as bateas no museo do Mar. E o mellor, navegamos nun catamarán pola ría enteira e rematamos o día cun baño na praia de Tanxil.

Témoslle que agradecer moitísimo á dirección e ao profesorado do IES Félix Muriel a súa implicación nesta actividade (grazas Valentina, Xabier, Paz, Emilio, Ramón…), ao Concello de Rianxo as súas atencións e explicacións no Museo do Mar, á Fundación Paideia Galiza a súa contribución económica para que se levase a cabo esta experiencia inesquecible, e aos mozos e mozas de Rianxo a súa simpatía. Nomes como Bernal, Ricardo, Brais ou Nerea, entre outros, xa non se borrarán das mentes dos nosos rapaces.

Xa en Santiago, nunha cea todos xuntos, probamos a empanada, o raxo, o polbo, e acabamos a xornada cunha guerra pasada por auga.

 

  

 

 

Deixa un comentario

*