‘Viaxes con gusto’, con Alberto Ribas

O blogueiro Alberto Ribas pasou esta semana polas aulas de galego do IE Cañada Blanch para falar cos nosos alumnos de 1º, 2º e de 3º ESO sobre dúas das súas paixóns: a gastronomía e as viaxes. Os seus dous blogs, Máis grelos -no que fala basicamente de Galicia e Portugal- e Mister Food Styler -para as súas viaxes a outros lugares- serviron de excusa para conversar cos alumnos sobre redes sociais, sobre fotografía, sobre lugares compartidos e outros excepcionais, e para abrir unha fiestra á posibilidade da construción dunha idade propia e de múltiples posibilidades laborais a partir dos gustos de cadaquén e dunha ferramenta tan sinxela como un blog persoal.

Aquí tedes un vídeo con extractos dalgunhas das preguntas que lle fixeron os alumnos de 2º ESO durante a súa charla e mais a microentrevista tras o seu posterior encontro cos alumnos de 3º ESO.

Alberto Ribas no IE Canada Blanch
Alberto Ribas cos estudantes de galego de 3º ESO

 

1 comentario en “‘Viaxes con gusto’, con Alberto Ribas

Deixa un comentario

*