Videconferencia co IES de Adormideiras 2018

O noso alumnado de 2º ESO mantén desde o curso pasado un proxecto de video-intercambio co club de inglés do IES de Adormideiras. Del xurdiron vídeos sobre a cultura galega e tamén varias videoconferencias nas que os rapaces de Londres coñecen a outros da súa idade da Coruña, e así ambos practican respectivamente o seu galego e o seu inglés.

Hoxe retomamos os nosos encontros. Organizados por grupos, presentámonos, curioseamos sobre os nosos gustos e os nosos lugares favoritos de Galicia e de Londres e algún curioso atreveuse a indagar sobre os mozos e mozas.

Deixa un comentario

*