E xa en xullo de 2015 presentámosvos a modo de memoria este vídeo-resumo das actividades que levamos a cabo dende a Área de Galego do IE Vicente Cañada Blanch de Londres. Foron máis de 50 e todas posibles grazas ao compromiso, xenerosidade e altruismo de tantas galegas e galegos que quixeron compartir os seus saberes e experiencias co alumnado da ESO deste centro. Nós sentímonos moi orgullosos e máis queridos aínda. Moitas grazas. E, por suposto, moitas grazas rapazas e rapaces.
Impresionante, estes deben ser os nenos máis afortunados do mundo. Vaia conferencias, que nivel.
Parabens pola iniciativa e o traballo ben feito.