Videoconferencia con Arteixo 2018

Hoxe o alumnado de galego de 4º ESO estivo a falar por videoconferencia cos rapaces tamén de 4º do IES Manuel Murguía, que é o instituto do que vén Begoña, a profesora. Ela reencontrouse co seu compañeiro Ramón e con algún vello alumno, e os rapaces conversaron en galego con outros de Arteixo sobre os seus gustos, procedencias, sobre a vida cotiá, sobre videoxogos e, como tocaba polo calendario, sobre as cacharelas de San Xoán. Así nolo contan eles no seu blog Fala de Raio. E así quedou retratado para a posteridade.

 

Non é a primeira vez que facemos actividades co IES Manuel Murguía: con eles carteámonos e mesmo nos entrevistaron en vídeo hai uns anos. Mirádeo porque algún dos nosos alumonos de 4º aparecen aquí cando ían en 2ºESO. Como medraron Brian, Paloma, Marinueva e Juanes! ?




 

Deixa un comentario

*