Hoxe, visita da Coruña

Hoxe recibimos no Cañada a 50 rapaces dos institutos coruñeses de Adormideiras, Neira Vilas, María Casares, Salvador de Madariaga e Rafael Dieste que participan no English Club dirixido polo amigo Ramón Casas Iglesias.

A moitos deles coñecémolos hoxe, así que para comezar ensinámoslles por grupos o noso centro e tamén fixemos xogos de grupo para romper o xeo e botar a falar.

 

 

Aos alumnos do IES de Adormideiras xa os coñeciamos, pois levamos todo o ano compartindo unha actividade de intercambio lingüístico galego-inglés que nos levou a facer con eles algunha videoconferencia e a intercambiar preguntas e coñecementos sobre Galicia e Reino Unido. Así, por exemplo, nós presentámonos e investigamos e creámoslles vídeos en galego en resposta ás súas preguntas sobre a catedral de Santiago, a torre de Hércules, María Pita ou Sir John Moore, e eles presentáronse tamén e contáronnos a nós en inglés aspectos das súas vidas, como as súas vacacións ou contestaron o noso quizz sobre cultura británica con estas respostas en inglés.

Foi un pracer recibirvos a todos, alumnos e profes acompañantes, e agardámosvos de novo o ano que vén.

Leave a Comment

*