Cada ano por estas datas recibimos no Cañada o alumnado do English Club, que xunta a rapaces interesados en melloraren o seu inglés de varios institutos da área da Coruña e de Oleiros (Adormideiras, Neira Vilas, Salvador de Madariaga, Rafael Dieste e María Casares) nas aulas de Ramón Casas Iglesias.
Con eles levamos compartido xa moitas actividades, como a nosa serie Coñecemos Galicia, con traballos como a última entrega sobre o Camiño de Santiago ou outras anteriores sobre o Entroido, a catedral de Santiago, María Pita ou Sir John Moore, sempre a partir de preguntas que nos fan. Tamén nós os axudamos a practicaren o seu inglés con retos que lles propomos. De vez en canto falamos por videoconferencia e despois vémonos presencialmente en xuño na nosa escola. Xa nos visitaron o ano pasado.
Este ano practicamos respectivamente o galego e o inglés a través de varios xogos orais no noso claustro. Velaquí as fotos: