O pasado venres 25 de maio recibimos outra visita escolar. Neste caso viñeron nove alumnos da sección bilingüe do IES Ortegal de Cariño acompañados polas profesoras de Física e Química e mais de Tecnoloxía. Foi un encontro moi agradable xa que posibilitou que algúns rapaces que estiveran facendo un intercambio epistolar se coñeceses. E tamén desfrutamos coa presentación que nos fixeron da súa vila, da súas paisaxes e, por suposto, das súas festas. Moitas grazas por compartirdes connosco unha mañá da vosa viaxe londiniense.