Visita do IES Xulián Magariños de Negreira

Esta mañá visitouno o alumnado de 3ESO  do IES Xulián Magariños de Negreira acompañados por dúas profesoras. Compartiron as aulas de galego co noso alumnado de 2ESO a quen lle presentaron a súa vila e tamén en que pasaban o seu tempo de lecer e esmorga. Pola contra o noso alumnado tamén lles respondeu ás súas preguntas e recorreron con eles parte das instalacións do IE Cañada Blanch. Un tempo de convivencia moi fermoso, sen dúbida. Moitas grazas por achegarvos ata aquí.

 

Deixa un comentario

*