Visita mugardesa no Cañada

O pasado venres 4 de maio o alumnado de 1 e 2 ESO tivo unha sorpresa inesquecible na aula: 14 rapaces e rapazas de 4º da ESO do IES de Mugardos, acompañados de tres profesoras. Dende o noso blogue queremos agradecerlles que fixeran esta parada no centro durante a súa viaxe de estudos a Londres para falarnos da súa vila e facérnola a tod@s máis próxima. Foi un pracer que estivesen connosco na aula e agardamos que non sexa a última vez.

1 comentario en “Visita mugardesa no Cañada”

  1. Moitas grazas a vós pola vosa hospitalidade. Foi un pracer escoitar galego nunha aula en Londres. Boa viaxe a Galicia e se tedes tempo estades invitados a vir a Mugardos a comer o "polbo á mugardesa".
    Moitos bicos. Isa, Leti e Gwen.

    Responder

Deixa un comentario

*