Esta última foi unha semana de visitas.
Un día tivemos a sorte de contar cunha chea de rapaces procedentes de dous institutos da Coruña e de Oleiros, que viñeron da man do seu profesor de inglés, Ramón Casas Iglesias. Empapáronse da vida galega de Portobello, primeiro comendo no Bar Galicia e despois confraternizando unha tarde enteira co alumnado de galego do IE Cañada Blanch.
Outro, recibimos ao alumnado do Saint James Institut de Santiago, que visitou Londres coa súa profe Belén Angueira. Preguntáronnos polo Brexit, xogaron no noso patio e ata comeron no comedor do Cañada. Foi un pracer recibilos 🙂