Un lugar chamado Ritsona, con Xabier Mera

Un lugar onde non hai luz nin auga corrente, onde hai 40 baños químicos para 900 persoas. Onde hai case 200 nenos sen escolarizar. Un lugar onde case un milleiro de refuxiados sirios, afganos, iraquís e kurdos que foxen da guerra agardan a ver se Europa lles dá asilo. “Un lugar chamado Ritsona”.

Deste lugar falounos o músico londoner galego Xabier Mera, que vén de pasar un tempo neste e noutros campos de refuxiados de Grecia, para contribuír como voluntario independente a facer destes campos lugares máis habitables e máis humanos.  Falounos de dignidade e de solidariedade. E remexeu a nosa conciencia. Falounos de non delegar, porque sempre hai algo que podemos facer “nós”.
O que os refuxiados anceian é unha vida normal, unha cea coa familia, cos amigos...
O que todos anceian é unha vida normal, unha cea coa familia, cos amigos…

xabier mera - campo oinofita

 

Deixa un comentario

*